Sociedad
09-01-2008
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) promove a realización de 16 roteiros baixo o título "Por terras de..." co obxectivo de espallar o coñecemento global da comunidade. O proxecto conta coa colaboración da Consellería de Industria, a través da Dirección Xeral de Turismo.
Os escritores elaborarán a parte textual das 16 rutas literarias de carácter divulgativo e vocación literaria e corresponderanse coas bisbarras, como a Terra Cha, Terra de Bergantiños, Monforte e o Caurel.
Ao tempo, celebraranse conferencias de escritores de prestixio internacional nas comarcas seleccionadas para o impulso e desenvolvemento do patrimonio turístico e cultural galego e da bisbarra, coa fin de potenciar a cultura galega alén das súas fronteiras.
A AELG elaborará a parte textual de 17 trípticos divulgativos sobre datos significativos e fundamentais da historia, da literatura e da lingua galega para a súa distribución en oficinas de turismo, establecementos hoteleiros e casas de turismo rural.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias