El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Mesa demanda a Educación un plan de formación en galego para o profesorado

Solicitan á Xunta que un filme teña versión na lingua galega

10-01-2008

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, criticou en rolda de prensa que o decreto de galeguización do ensino non se está a aplicar na maioría dos centros, especialmente en educación infantil, onde o incumprimento é "masivo" e onde incluso se teñen detectado casos de centros situados en zonas de maioría galegofalante onde se están a impartir o ensino excluíndo o galego. Por iso, úrxenlle á Xunta un plan de formación en galego para o profesorado. O decreto 124/2007, lembra este colectivo, foi ratificado por varias sentezas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tralas denuncias presentadas por colectivos "contrarios ao galego", que perderon en todos os casos os procedementos xudiciais emprendidos. Segundo o TSXG "o decreto do galego no ensino respecto os dereitos á liberdade e á igualdade recoñecidos na Constitución e non supón unha discriminación por razón de lingua". Dado que as sentenzas son favorables ao decreto e "porque as leis hai que cumplilas", A Mesa esixe que se aplique en todos os centros de ensino. Filmes en galego Por outra banda, as mocidades da Mesa solicitan á Xunta que o filme "Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal" teña unha versión na lingua galega. Este novo título de Spielberg chegará ás carteleiras de Galicia o 22 de maio e o obxectivo que pretende o colectivo é que se dobre ao galego, ao considerar que "ten todas as expectativas de ser un filme de grande éxito e o público de Galiza debe ter garantido o dereito de poder ver esa estrea no seu idioma". Ao respecto, critican a Política Lingüística, que "non está a traballar para que se apliquen as medidas sobre audiovisual que contén o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega" que aprobou por unanimidade o Parlamento en 2004. Este plano, aseguran, recolle que se deben dobrar "polo menos 10 filmes ao ano, entre os que presenten maiores expectativas comerciais".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias