Sociedad
15-01-2008
O peche de salas de cine en Galicia que se foron sucedendo ao longo do 2007 van acompañadas dun descenso de espectadores non menos penosas para o sector. As 185 salas existentes ata a data despacharon en 2007 un total de 3.797.325 entradas, segundo datos facilitados polo Ministerio de Cultura. Esta cifra era superada en 2006 tan só contabilizando as localidades vendidas nos cines das provincias da Coruña e Pontevedra.
Os datos recollidos polo Ministerio neste novo século marcan o 2004 como punto de inflexión para o negocio da exhibición cinematográfica tradicional. Sexa culpa do DVD, do e-Mule ou de cambios nos hábitos de lecer, o caso é que tanto en Galicia como no resto do Estado cada vez faise máis costa arriba atopar un oco para compartir fantasías nunha sala escura.
Millón e medio de entradas menos en tres anos
Así, desde 2004 tanto as salas coruñesas como as pontevedresas perderon uns 800.000 espectadores en cada provincia. A Coruña pasou das 2.632.220 entradas vendidas en 2004 a 1.737.974 do ano pasado, e Pontevedra, de 2.237.210 persoas que pisaron o cine hai tres anos a 1.452.107 do 2007.
As provincias de Lugo e Ourense sumaron este ano uns 600.000 espectadores de cine entre as dúas, con 335.461 espectadores en Lugo e 271.783 en Ourense. Estas dúas provincias son as menos rendibles para os exhibidores, xa que cada sala recibiu este ano menos de 14.000 espectadores, no caso de Lugo, e case 17.000 no caso de Ourense, fronte aos case 20.000 clientes anuais das salas pontevedresas ou os máis de 24.000 das coruñesas.
No conxunto do Estado, os cines foron vendo como pasaban dos 144 millóns de espectadores de 2004 aos 102 millóns deste último ano. O peche das salas obsérvase tamén no resto de España, xa que entre 2006 e 2007 deixaron de existir 47 salas. A Coruña pasou das 83 existentes en 2004 ás 72 contabilizadas en 2007, mentres que Pontevedra ofreceu uns espazos de exhibición máis estables durante estes últimos tres anos, aínda que se reduciron en tres salas.
O 2007 foi o ano de 'Piratas del Caribe. En el fin del mundo', que obtivo nos nos cines españois uns 21,7 millóns de euros. Jack Sparrow segue dominando as pantallas un ano máis, logo de ser o personaxe máis visto no cine en 2006. Este ano, séguelle de cerca 'Shrek Tercero' e 'El orfanato'. 'Pérez, o ratiño dos teus soños', co producida por Filmax Animation, cóase no quinto posto das máis vistas en 2007.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias