El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Políticos e intelectuais firman un manifiesto para defender O Castro-Sargadelos como procecto cultural

17-01-2008

Máis dun cento de persoeiros da cultura, política e sociedade galega asinan un manifesto para pedir protección para o complexo O Castro-Sargadelos, impulsado por Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane hai máis de medio século e que hoxe "constitúe un patrimonio cultural de Galiza enteira". Dende os ex presidentes da Xunta Xerardo Fernández Albor, Fernando González Laxe e Manuel Fraga, ata o economista e político nacionalista Xosé Manuel Beiras, o ex deputado no Parlamento de Galicia Camilo Nogueira ou o deputado no Congreso Antón Louro, unen as súas sinaturas para apoiar este manifesto. O mesmo fixeron escritores como Marilar Alexandre, Suso de Toro, Vicente Araguas, Alfredo Conde, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xesús Alonso Montero, Antón Lopo e Anxo Angueira, artistas, como Leopoldo Nóvoa, Manuel Buciños, Ánxel Huete, Antón Pulido, Quintana Martelo e Silverio Rivas, e persoeiros da cultura galega como Antía Cal, Anisia Miranda, Xosé Neira Vilas, Avelino Pousa Antelo, Francisco Pillado, Alfonso Zulueta de Haz. Deste xeito, reclaman que o poder político do goberno galego o "declare institucionalmente" patrimonio cultural mediante "o procedemento que formalmente sexa necesario ou acaído" para preservalo e "garantir a súa continuidade e supervivencia a cuberto de calquera eventualidade e calquera peripecia empresarial que o poña en perigo de desnaturalización, destrago ou desaparición". A través do manifesto, lembran que a Magdalena e O Castro "non naceron como simples fábricas ou empresas industriais", nin tampouco Sargadelos, senón que foron "laboratorios de ideas e factoría cultural". Así, un colectivo ligado a Seoane e Díaz Pardo construíron por enteiro este laboratorio, integrado polo Seminario de Estudos Galegos resucitado, o Laboratorio Xeolóxico de Laxe, o Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro, e o Instituto Galego de Información, como laboratorio de creación ideatoria e comunicativa, "hoxe sometido a asedio por corte de suministros". De feito, o vindeiro día 23, celebrarase no IGI un consello de administración que podería apartar definitivamente a Díaz Pardo do seu proxecto cultural. Os asinantes reivindican as factorías industriais do Castro e Sargadelos como "empresa formalmente privada que funcionou, por necesaria suplencia, con criterios de empresa pública eficiente".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias