El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A directiva de Sargadelos acusa a Díaz Pardo de "dilapidar" cartos no IGI

Cultura estudará a proposta de petición de declaración de Ben de Interese Cultural para o complexo

18-01-2008

A directiva de Sargadelos responde ao manifesto para a conservación do complexo cultural O Castro-Sargadelos co seu "apoio" ao legado cultural "desenvolto e financiado unicamente polos accionistas de ambas as dúas sociedades". Segundo un comunicado emitido pola empresa, o perigo de continuidade dese legado "foi o que obrigou á maioría" dos socios de Sargadelos e O Castro a "promover un plan de modernización das empresas", que ao seu xuízo sufrían "os problemas dunha falla total de investimentos en formación de equipos, novas tecnoloxías e promoción exterior". Ao tempo, os directivos de Sargadelos acusan a Díaz Pardo de levar "dilapidando decenas de millóns das antigas pesetas dende hai 20 anos" co mantemento de "fracasos empresariais tan ruinosos como o Instituto Galego da Información". Afirman que o IGI "non cumpriu o seu obxectivo fundacional", é dicir, a edición do xornal Galicia, e que "comprometeu o desenvolvemento d moitas outras iniciativas socioculturais". Así, os socios e directivos d'O Castro e Sargadelos "lamentan que o seu anterior presidente, Isaac Díaz Pardo, rexeitase a vontade maioritaria e democrática do grupo" e emprendese unha campaña que "prexudica a imaxe" do proxecto que liderou. Ademais, acúsano de rexeitar a oferta da presidencia honorífica do grupo, con competencias directas na dirección das accións culturais de Sargadelos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias