Sociedad
23-01-2008
A Asociación de Periodistas de Galicia entrega este xoves o Premio Periodístico Diego Bernal ao veterano profesional Gerardo González Martín, co gallo da Festa do Patrón dos Xornalistas. No mesmo acto, que se celebrará no transcurso dunha comida no Hotel Puerta del Camino de Santiago, presentarase o número 6 de Comunica, a revista de investigación da asociación da prensa.
Máis dun cento de profesionais galegos e o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, asistirán á comida, posterior a unha misa en honro do Patrón na capela da Corticela, dentro da catedral compostelá.
O periodista Bieito Rubido exporá os méritos do distinguido este ano pola Asociación da Prensa. O Premio Diego Bernal non ten dotación económica e serve só de recoñecemento a toda unha traxectoria profesional no mundo da comunicación, cunha obra de orfebrería compostelá.
Nas doce anteriores edicións, recibiron o premio Augusto Assía, Pedro de Llano, Manuel Fernández Areal, Florencio Aldrey, Camilo José Cela, o Colectivo de Periodistas Vascos, Santiago Rey, Juan Ramón Díaz, José Manuel Rey Novoa, Alfonso Sánchez Izquierdo, Ángel Botana e Blanca García Montenegro, presidenta do Grupo El Progreso.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias