El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Gerardo González Martín recolle o Premio Diego Bernal tras case medio século de profesión xornalística

24-01-2008

O xornalista Gerardo González Martín recolleu en Santiago o Premio Diego Bernal tras case medio século de exercicio profesional. Ao acto asistiu unha nutrida representación dos medios de comunicación, para celebrar o patrón dos periodistas e en recoñecemento dunha "dilatada traxectoria profesional", tal como salientou o secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado. O premiado pola Asociación da Periodistas de Galicia afirmou que foron case 50 anos de desempeño dunha tarefa que o fixo "feliz", pero afirmou que o sería máis se os directores dos medios "no olvidaran la orientación social de sus empresas, que no son sólo para ganar dinero" e non existise "tanta precariedad laboral de sus colegas jóvenes". No seu discurso, González Martín salientou a figura de Manuel Cerezales, que fora director do Faro de Vigo, do que aprendeu "la honradez y el sentido de la independencia", se ben "nadie es tan independiente como quisiera". O galardón, sen dotación económica, consiste no recoñecemento dunha traxectoria no eido da comunicación e na entrega dunha obra de orfebrería compostelá. O acto serviu tamén para presentar o número 6 da revista Comunica de investigación sobre comunicación, dedicado ás orixes dos medios públicos de comunicación de Galicia. En edicións anteriores, o premio recaeu en edicións anteriores en, Augusto Assía, Pedro de Llano, Manuel Fernández Areal, Florencio Aldrey, Camilo José Cela, o colectivo de periodistas vascos, Santiago Rey, Juan Ramón Díaz, José Manuel Rey Novoa, Alfonso Sánchez Izquierdo, Ángel Botana e Blanca García Montenegro. Perfil do premiado Gerardo González ocupou postos directivos en prensa, radio e televisión, desde que a partir dos 28 anos o nomearan director do xornal compostelá El Correo Gallego. Desempeñou entre outros cargos a dirección de TVG e foi director de programación e emisións de COPE na central da cadea en Madrid, así como responsable en Galicia deste grupo de emisoras, tarefa que desempeñou en dúas ocasións. Tamén foi director da televisión local Televigo. En paralelo, converteuse nun dos máis prolíficos historiadores locais de Vigo, tema ao que desde 1985 dedicou 12 dos 14 libros que ten publicados. Son incontables as súas monografías en publicacións especializadas e sobre todo os seus traballos sobre o pasado vigués en prensa, actividade que mantivo coa súa Memoria de Vigo na edición local de La Voz de Galicia. Estivo dedicado durante seis anos á política, dos que catro permaneceu no Parlamento de Galicia durante a primeira lexislatura. Na cámara formou parte da deputación permanente. Antes fora delegado provincial do Ministerio de Cultura en Pontevedra. Ata a súa xubilación en 2007 ao cumprir os 65 anos, era colaborador fixo de Radio Voz en cuxo medio galego dirixía o programa diario "Al final del día" e colaboraba nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias