El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

Caixa Galicia colabora con Industria na consolidación do recinto feiral da Coruña cun investimento de seis millóns

01-02-2008

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, asinaron un protocolo entre ambas entidades para a incorporación de Caixa Galicia á Fundación Instituto Ferial de A Coruña (Ifeco). Segundo este protocolo, Innovación e Industria proporá,impulsará e apoiará no seo dos órganos competentes de Ifeco os acordos que fosen precisos para a incorporación de Caixa Galicia como membro de pleno dereito e para a súa presenza e representación no seu Padroado e no seu Consello directivo nos mesmos termos ca o resto de fundadores. Pola súa banda, Caixa Galicia, a través da Obra Benéfico Social, realizará unha achega á dotación de Ifeco por importe de ata 6 millóns de euros, que se desembolsarán durante os anos 2008 e 2009. Na súa intervención, o conselleiro de Innovación e Industria destacou a transcendencia de que Caixa Galicia atendese á chamada convite da Consellaría para incorporarse ao padroado e considerou este feito un factor decisivo para consolidar o recinto. A implicación económica dos padróns contribúe, segundo Fernando Blanco, ?á solvencia dos recintos feirais e a asegurar o seu funcionamento a longo prazo?. O titular de Innovación recordou tamén o compromiso do seu departamento co remate do Ifeco, conseguindo hai dous anos que as obras do recinto saísen da situación de parálise na que se atopaban e afrontando a finalización do recinto feiral co financiamento do 76% do total do seu custe. Fernando Blanco dixo que a Consellaría de Innovación achegou o pasado mes de decembro 9 millóns de euros, acadando a súa conclusión definitiva. ?No hemos dudado en participar (en Ifeco) por ser este un año muy importante para A Coruña?, dixo José Luis Méndez en alusión ao 8º centenario da cidade e á candidatura da Torre a Patrimonio da Humanidade. O director xeral engadiu que, máis aló da cantidade que aporta Caixa Galicia, ?lo más importante es desarrollar un proyecto completo para la ciudad, incidiendo en las áreas de productos y servicios que se expongan?.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias