Sociedad
12-02-2008
Tres propostas musicais galegas estarán no programa "Artistas en ruta", un circuito musical que funciona dende hai 12 anos en locais de toda España. A Consellería de Cultura vén de acordar coa Sociedad de Artistas Intérpretes y Ejecutantes (AIE), promotora da iniciativa, para que Diego Massimini, ISGA Collective e Safari Orquestra participen na programación de primavera.
O programa selecciona os artistas segundo a zona e os estilos. Desta vez, as tres opcións que corresponden á zona noroeste serán galegas. En canción de autor participará Diego Massimini, de orixe arxentina e establecido en Galicia. No apartado de jazz e novas músicas, actuará ISGA Collective, un grupo que conxuga música, danza e vídeo para actualizar a tradición galega. Na sección pop-rock elixiuse a Safari Orquestra, un colectivo que mestura influencias dende o soul e o funk ao hip-hop e a electrónica.
As salas integrantes do circuíto son pequenos locais de música ao vivo que desenvolven un papel fundamental no achegamento dos artistas ao público. Os representantes galegos neste circuíto dende os seus comezos en 1995 foron tan diversos como Heredeiros da Crus, La Marabunta, Os Diplomáticos, Emilio Cao, Budiño, Chouteira ou a Psicofónica de Conxo.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias