El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O Concello da Coruña prepara un programa de activación do idioma galego na cidade

13-02-2008

A concelleira coruñesa de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, a nacionalista Ermitas Valencia, presentou o programa de voluntariado lingüístico, unha iniciativa coa que se pretende promover a cultura e a lingua galega e activar a solidariedade e o intercambio cultural na cidade. Segundo explicou Ermitas Valencia, o voluntariado enmárcase dentro do plano de reactivación do galego na cidade e os seus obxectivos son ?conseguir facer novas e novos galegofalantes, promover a estimación pola nosa lingua e o seu uso acotío?. Neste sentido, o Concello da Coruña colabora na iniciativa coa posta en marcha inmediata de 12 puntos de activación lingüística neutros tantos barrios e entidades, onde os interesados poderán informarse e inscribirse no voluntariado. Á presentación do programa asistiron o director do Servizo de Normalización Lingüística da UDC, Xosé Ramón Freixeiro; o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela; e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón. Callón explicou que as persoas interesadas en participar só teñen que cumprir o requisito de ser maiores de idade, e logo anotarse nunha das dúas categorías que establece o programa: voluntarios ou activos. Os voluntarios deben ter un bo nivel de galego e, a través deste programa, compartirán os seus coñecementos da lingua e da cultura galega coas persoas ?activas? que o precisan. As denominadas ?activas? son aquelas persoas que desexan coñecer máis sobre Galicia e sobre a súa lingua e cultura. Poden ser residentes ou persoas que veñen de fóra para instalarse temporal ou permanentemente na comunidade autónoma, como estudantes ou traballadores. ?O programa consiste en promover a formación de parellas de voluntarios e persoas activas. A cada voluntario asignáselle un activo e ambos comprométense a relacionarse un mínimo de 10 sesións dunha hora, coa premisa de falar galego ou de tentar falalo o máximo posíbel?, sinalou Callón. Con esta iniciativa trátase de superar as dificultades de falar en galego e poder aplicalo á vida cotiá, ademais de promover en moitos casos a relación de persoas de distintas culturas. As parellas que se conformen poderán facer o que sexa do seu interese, desde falar e xantar ata visitar unha exposición ou facer trámites administrativos. O programa propiciará ademais actividades de lecer e de intercambio. Carlos Callón asegurou que noutras cidades de Galicia xa participaron no programa persoas de León, Xapón ou Cuba.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias