El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Xunta estudia a fórmula para que o Panteón de Galegos Ilustres siga acollendo actos simbólicos de Galicia

14-02-2008

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, afirmou na Coruña que a Xunta está buscando fórmulas que permitan que no Panteón de Galegos Ilustres, no templo compostelán de San Domingos de Bonaval se sigan desenvolvendo ?determinados actos simbólicos da Comunidade Autónoma?. Méndez, que visitou a sede coruñesa da Real Academia Galega (RAG) para facerlle entrega ao seu presidente, Xosé Ramón Barreiro, dunha bandeira de Galicia e presidir a presentación do libro "Os símbolos de Galicia", explicou que o Panteón ficou á marxe da consolidación institucional dos símbolos da Comunidade, xa que ?na sensibilidade actual é moi difícil considerar un lugar como inzado de todos os significados históricos que se lle atribúen ao panteón?. O conselleiro engadiu que a titularidade dese ben inmoble depende hoxe do bispado de Santiago e ten, polo tanto, ?unhas connotacións de culto que o fan dificilmente compatible cun uso exclusivamente civil?, e que esixen buscar fórmulas que concorden os dous usos. Tras a entrega da bandeira, Méndez Romeu suliñou que o acceso de Galicia á autonomía de Galicia, hai pouco máis de 25 anos, significou a consolidación institucional dalgúns símbolos, como á bandeira, ao himno e o escudo de armas. O conselleiro lembrou que estes tres símbolos ?teñen unha historia ligada ao momento inicial do Rexurdimento cando, en especial, Manuel Murguía e os membros da Cova Céltica inician a creación dun conxunto de símbolos que definen un país que, doutra banda, tiña unha conciencia histórica de seu, que tiña lingua, que tiña estructura e acusada conciencia da súa singularidade con respecto a outros territorios e pobos?. O titular de Presidencia referiuse á RAG como ?unha institución na que todos recoñecemos a importancia que tivo na conformación do noso país e a ?auctoritas? que hoxe ten para dirixir as opinións e a evolución do noso país en materia de lingua, de cultura, de historia?. Méndez agregou que 2008, o ano do centenario do himno, ?déixanos unha nova versión orquestrada que pronto estará a disposición dos músicos e intérpretes?. Sobre o libro ?Os símbolos de Galicia?, editado conxuntamente pola RAG e o Consello da Cultura Galega, o conselleiro describiuno como unha obra feita ?con todo o rigor científico e a cargo dos especialistas máis reputados do noso país?, que acolle ?unha análise interesantísima, amena na exposición e absolutamente ben documentada sobre o riquísimo acervo histórico que custodia a RAG e sobre a evolución dos símbolos de Galicia?. O conselleiro asegurou que o libro ten ?artigos fascinantes? como ?a análise do escudo de armas, que non ten unha orixe eclesiástica, senón máis vencellada ao propio nome do país e á sinonimia que se establecía con representacións máis litúrxicas coma a do cáliz, pero que non procede nin da evolución do culto nin ten unha relación co culto?. A este respecto, o conselleiro avogou por unha revisión, ?en termos heráldicos?, do blasón de Galicia, ?para atopar unha formulación que sexa igualmente eficaz no plano xurídico e tamén respectuosa coa linguaxe histórica propia da heráldica?. Pola súa banda, o presidente da Academia lembrou que a institución xa posúe bandeiras galega históricas, como a de Curros Enríquez ou a de Castelao, pero carecía ata o de agora dunha ?de uso habitual e diario? que puidera exhibirse nos actos institucionais da RAG.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias