Sociedad
15-02-2008
A Fundación Barrié lanza unha nova colección de pintura contemporánea internacional, que integrará pintores galegos con presenza internacional e artistas españois e internacionais de primeiro nivel, a raíz dunha compra na feira ARCO deste ano de medio millón de euros.
Entre as primeiras adquisicións desta nova colección atópanse obras de novos artistas galegos como Pedro Barbeito, españois como Daniel Verbis e europeos como José Lourenço, todos eles cunha traxectoria internacional consolidada.
Tamén comprou obras da galega Ángela de la Cruz, a brasileira Sandra Cinto, a alemana Katharina Grosse, o inglés Jason Martin, ou o portugués Pedro Calapez. A colección condigúrase tamén a partir de nomes clave da pintura da segunda metade do século XX como Imi Knoebel.
A Fundación pensa contruír unha sólida colección de pintura internacional complementaria á actual colección de arte galega que alberga na súa sede da Coruña, conformada por obras de preto dun cento de artistas da comunidade.
Segundo o vicepresidente da Fundación, José María Arias, a colección "permitirá traer o mellor da pintura contemporánea internacional a Galcia e achegar os mellores valores da arte galega ao mundo". Neste senso, salientou a decisión de arrancar a nova colección en ARCO para lanzar "unha clara mensaxe de apoio institucional a galerías e artistas".
Ao tempo, a directora de ARCO, Lourdes Fernández, afirmou que este tipo de iniciativas "son as que dan sentido a ARCO", xa que a feira madrileña procura "o fomento do coleccionismo, tanto institucional como privado e corporativo". "É moi importante para o mercado da arte española que a iniciativa privada comece a volcarse en proxectos de carácter internacional", engadiu.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias