El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

Zeltia perdeu 45 millóns de euros no exercicio do 2007

A cifra supón un 2.88% máis de perdas ca no ano anterior

28-02-2008

O laboratorio farmacéutico galego Zeltia perdeu 45 millóns de euros no 2007. Unha cifra que representa o 2,88% máis ca no mesmo periodo do pasado exercicio, segundo informou a propia compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). Nesta liña, a cifra de negocio do grupo foi de 85 millóns de euros ata setembro deste ano, o 12% máis ca no 2006. O volume máis significativo das vendas da compañía procede do sector da química de gran consumo, que ascende a 74,3 millóns de euros, o 87% do total de negocio do grupo en 2007. As vendas do sector de biotecnoloxía ascenden en 2007 a 10,4 millóns de euros, dos que 6,4 corresponden á filial PharmaMar e 4 a Xenómica. Yondelis, a nota destacable A actuación máis destacada do Grupo este ano foi obter a autorización o pasado 20 de setembro para a comercialización na UE do Yondelis, o primeiro fármaco español para o tratamento do cancro en sarcoma de tecidos brandos. No referente ao investimento en I+D, este ascende a 51,7 millóns de euros, cun incremento do 4% respecto ao ano anterior. Zeltia informou de que en aplicación das normas internacionais de información financeira, o investimento en I+D debe ser considerado coma un gasto do exercicio en lugar de como un activo. Deste xeito, un maior investimento en I+D é un maior gasto na conta de resultados, que supón maiores perdas. Neste marco, o lixeiro descenso en investimento con respecto a setembro de 2006 (-2,6%) débese á finalización do recrutamento dalgúns dos estudos clínicos de PharmaMar con maior número de pacientes. A apertura de novos estudos producirase ao longo do cuarto trimestre. Compañías do grupo O Grupo Zeltia está composto polas compañías PharmaMar, líder no tratamento do cancro mediante medicamentos innovadores de orixe mariña; Neuropharma, biotecnológica centrada no descubrimento e desenvolvemento de novos fármacos contra o Alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas. Tamén forman parte de Zeltia as filiais Xenómica, primeira compañía española en diagnóstico molecular; e Sylentis, constituída recentemente para investigar aplicacións terapéuticas do silenciamiento xénico (RNAi). O grupo conta tamén con Zelnova e Xylazel, dúas compañías tradicionais do sector químico.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias