El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

ANO SANTO

Cultura comezará a facer pública a programación do Xacobeo 2010 a partir do 20 de outubro

14-07-2009 00:58:39

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciou que a partir do 20 de outubro comezará a facer pública a programación cultural prevista para o vindeiro Xacobeo. Varela afirmou que a súa consellería se atopa "moi adiantada na axenda" pero aclarou que ata a data oficial non se darán nomes. Con todo, prometeu "moitas sorpresas".

Segundo o conselleiro, a celebración do Xacobeo estará "moi descentralizada, dende o punto de vista xeográfico e moi desestructuralizado, dende o punto de vista temporal". Así haberá "moitas intervencións culturais nos pobos do Camiño" e ademais dos grandes nomes na programación musical pop, tamén haberá "pequenos nomes para que poidan facer actuacións no resto de Galicia". En canto á programación de música clásica, Varela afirmou que xa estaba case pechada.

Ademais, o conselleiro de Cultura anunciou un "gran proxecto expositivo para a Cidade da Cultura que desgrazadamente non podo adiantar porque queremos que saia ben" para finais do vindeiro ano e "outro proxecto expositivo para o arquivo da biblioteca da Cidade da Cultura". Tamén adiantou "algunha sorpresa na Catedral cunha composición deseñada específicamente para o Xacobeo".

Varela recordou que no Consello do pasado xoves xa se presentou un 'Plan de restauración e rehabilitación de espazos públicos, carballeiras e elementos etnográficos' e que nas próximas semanas se presentará ante o mesmo órgano o 'Plan corrector dos camiños'.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias