El alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o de Lugo, José López Orozco, o alcalde da Coruña, Javier Losada e o alcalde de Pedrafita, José Lios Raposo reuníronse no concello lugués do Cebreiro para ler un comunicado de apoio á promoción das cidades e monumentos Patrimonio da Humanidade. Antes de proceder á lectura do comunicado, efectuado no Hospital da Condesa, os catro alcaldes fixeron unha ruta de 5 quilómetros do Camiño Francés.
No comunicado, os catro alcaldes reivindican o "compromiso de protección deste triángulo máxico que conforman as cidades da Coruña, Lugo e Santiago de Compostela, coa Torre de Hércules, o Camiño de Santiago, a cidade compostelá e a Muralla Romana".
Asimesmo, comprometéronse publicamente a "garantir que este tesouro da nosa historia chegue intacto ás xeracións futuras. Sen dúbida ese é o noso mellor legado. Debemos unir as nosas forzas e traballar nunha mesma dirección convertendo a nosa historia nun sinal de identidade que nos identifique como Galegos e nun atractivo turístico que axude a dinamizar a economía deste país"
Asemade, pediron ás distintas administracións un itinerario turístico das tres cidades, no que se involucren entidades, organismos, administracións e cidadanía, "como xesto de traballo en común, de colaboración sen fronteiras, de traballo en equipo co obxectivo de facer de Galicia un destino incomparable".