El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

CINE

A CRTVG aproba a contratación de 18 películas producidas polo audiovisual galego

21-07-2009 19:48:12

A CRTVG acadou proceder á contratación de 18 películas producidas por empresas do sector audiovisual galego para este ano, segundo unha resolución asinada polo seu director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo. Para este conxunto de proxectos, a canle pública destinará un total de 4,6 millóns de euros.

Esta achega desglósase en 3,9 millóns de euros para a realización de nove longametraxes, de seis películas para televisión e para a precompra dos dereitos íntegros de explotación en galego de tres tv-movies, e outros 700.000 euros destinados á desenvolver un total de 47 documentais. Estes proxectos, enmarcados no Plan de Apoio e Potenciación da Produción Cinematográfica, foron propostos para a súa contratación o pasado 20 de xaneiro de 2009.

As longametraxes que promoverá a Galega son 'Retornos' da produtora Vaca Films Studio, 'O Apóstolo' de Artefacto Producciones, 'Celda 211' de Vaca Films Studio, 'Relatos' de Matriuska Producciones, 'Elemental Child' de Iceberg Audiovisual, 'Link' de IB Cinema, 'Sweet Dreams' de Sun Lúa, 'O Sexo dos Anxos' de Continental Producciones e 'Os Crebinksky' de Pulsa Control Z.

En canto as películas para televisión, que non poderán ter unha duración inferior a 80 minutos, os títulos son: 'Mar Libre' de Ficción Producciones, 'Arcos' de Directo de Información, 'Miña Nena' de Adivina Producciones, 'Voltar á Casa' de Formato Vídeo, 'Outro Máis' de CTV e Filmanova, e 'O Bonito Crime do Carabineiro' de Zenit TV.

As tres restantes, das que a Galega posúe os dereitos de explotación, son 'As Reliquias do Santo' de Bren Enterteinment, 'Fútbol de Alterne' de Filmanova e 'Vacas, Porcos e Zapatos de Tacón' de Voz Audiovisual. Pola súa banda, a inclusión dos 47 documentais foi acordada pola CRTVG co sector, e refírese a producións cunha duración mínima de 60 minutos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias