El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

SANTIAGO

Traxes tradicionais e coches de época para a programación do día grande das Festas Apóstolo

24-07-2009 17:47:38

A xornada deste sábado das Festas do Apóstolo comezará coa tradicional Ofrenda ao Apóstolo Santiago na Catedral. Será ás dez da mañá. Xa a partir das doce e media do mediodía, as rúas da cidade contarán con cabezudos e grupos de gaiteiros.

Ademais da cita musical, outro momento importante será o percorrido e concurso de traxes de época e automóbiles antigos. Arredor de cen persoas, entre condutores e acompañantes, participan nesta exhibición. Percorrerán, desde as seis da tarde as rúas Rosalía de Castro, Avenida Xoán Carlos I, Porta Faxeira, Rúa do Vilar e Praza de Praterías.

Ás sete da tarde celebrarase o concurso de traxes de época, cunha exhibición ante o xurado para, posteriormente, concentrarse no Obradoiro. Os participantes vestirán traxes axeitados coa época do coche que conducen. Participan 44 coches, o máis antigo de 1907. Na tarde, a actividade festiva centrarase na Alameda, cun desfile de época con máis de 200 figurantes, para rememorar a Exposición Rexional Galega de 1909.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias