El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

MÚSICA

Fangoria porá este venres punto e final ás Festas do Apóstolo

30-07-2009 18:38:14

Tras quince intensos días cheos de actividades, as Festas do Apóstolo chegan este venres ao seu fin cos tradicionais fogos na escalinata do campus universitario, que corren a cargo da empresa pirotécnica de Parente Firework. O espectáculo comezará ás once da noite. O gran concerto de fin de festa estará protagonizado por Fangoria, celebrado ás doce da noite na Praza da Quintana. Presentarán o seu novo disco, 'Absolutamente', o noveno da súa traxectoria.

Ademais, como xa é habitual dentro do marco das Festas do Apóstolo, mañá celebrarase a tradicional homenaxe ás bandas populares galegas. Esta ano cumpre a súa XXXI edición. Cinco bandas procedentes de Vilalba, Sarria, Arteixo, Rivadulla e Moaña serán as encargadas de poñer a nota musical polas rúas da zona histórica da cidade.

Preto de 300 músicos chegarán sobre ás doce da mañá ao Obradoiro. As bandas partiran tocando dende a Praza do Obradoiro ata a Praza da Quintana. Ás doce e cuarto do mediodía, situaranse na escalinata da praza para realizar o saúdo oficial ao alcalde da cidade.

A continuación, cada banda fará un saúdo de acorde ao organizador e presentador do evento, Xosé Lois Bernal, 'Farruco'. De seguido, as cinco bandas interpretarán conxuntamente o Himno Galego e saíran tocando da Quintana para facer un pasarrúas pola zona monumental. Ás seis da tarde, está programado o concerto, para o que cada banda disporá de 30 minutos para interpretar un repertorio libre.

Por se fora pouco, grupos gañadores do II Certame 'MúsicaXove' tamén teñen o seu oco no Apóstolo. Ás dez e cuarto da noite, The Weak Force, Frab Fly e Tramaturgia darán un concerto na Praza Roxa. Na Alameda, actuará a orquestra Suavecito a partir das once e cuarto da noire. Outra opción musical vivirase no Toural, co concerto de La Banda de Nash ás once da noite, e ás doce e media colleralle o relevo Liridade Noctámbula. Á unha e emdia da madrugada Son Tres pechará as festas con música latina en San Paio de Antealtares.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias