El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

FESTIVAL

"Brincadeira" espera reunir a máis de 15.000 mozos esta fin de semana en Ordes

03-08-2009 18:13:05

 O Concello de Ordes calcula que máis de 15.000 mozos de toda Galicia acudirán esta fin se semana ao festival 'Brincadeira 09', que este ano chega á súa terceira edición. De feito o Concello ten preparado un operativo para acoller ata 10.000 persoas por día.

Este ano, o Festival conta cunha oferta moi completa, tanto a nivel de actuacións musicais como de actividades paralelas. Así, o venres 7 de agosto, a partir das nove do serán, o campo da feira acollerá as actuacións de La Pulquería Che Sudaka, que repite por segundo ano consecutivo, os locais Dios ke te Crew e Las Furias. Dende ás oito do serán, o DJ O Americano encargarase de ir poñendo ambiente.

Ás oito do serán do sábado 9 de agosto, actuará o grupo Everything by the air, cos DJ Johnny Gestapo e Jimmy Watergate. A partir das nove do serán, está programada unha 'Superfesta hortera', coas actuacións de Boney M, Rumba Tarumba, Chico Trujillo, Kastomä e Virüs.

Paralelamente ao festival, terá lugar un certame de arte urbano, unha mostra de novas tendencias e un concurso de fotografía. A empresa xestora deste festival habilitou un terreo cedido polo Concello de Ordes para camping, onde poderán instalarse máis de cincocentas tendas. Trátase dunha explanada ubicada a uns metros de onde terán lugar as actuacións.

En caso de choiva, a acampada sería no pavillón do colexio Campomaior, mentres que unha gran carpa con capacidade para 15.000 persoas impedirá que os asistentes aos concertos se mollen.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias