El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

ARTE

O CGAC achega a danza creativa aos máis pequenos da casa

03-08-2009 18:28:38

O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, comeza o mes de agosto percorrendo 'Camiños no ar', desde mañá martes 4 ata o venres 7, das once da mañá á unha do mediodía. Así, nenos de entre 4 e 6 anos descubrirán os movementos que agocha o día a día, a través deste obradoiro de danza impartido por Marta Pereira.

A linguaxe corporal será o instrumento para atoparlle o ritmo ás cousas cotiás que nos rodean e xogar con elas. Os 'Talleres de lecer' do CGAC, onde se inscribe esta actividade, son gratuítos e para participar só é preciso inscribirse con antelación.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias