El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

FIESTAS

Cultura destina máis de 1.200.000 euros en axudas para as festas populares de Galicia

10-08-2009 18:24:06

 A Consellería de Cultura e Turismo apoia con 1.247.326,00 euros as festas populares e outros eventos de contido turístico da comunidade galega. Entre as actuacións de fomento do turismo, son especialmente relevantes todas aquelas encamiñadas á conservación do patrimonio inmaterial, que constitúen tamén un atractivo para o turismo.

Entre estas últimas, atópanse as festas e eventos populares que na actualidade acadan unhas cotas moi altas de participación cidadá, tanto naturais do lugar como visitantes, o que implica que se consideren de grande interese desde o punto de vista da oferta turística complementaria.

A importancia crecente destas celebracións fai que moitas delas sexan declaradas de interese turístico de Galicia, estatal ou internacional polas súas singulares características de orixinalidade e calidade, de capacidade de convocatoria, de participación e polo seu especial arraigamento as diferntes localidades.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias