El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

PARA NENOS

O CGAC celebra o último dos seus obradoiros infantís de verán

10-08-2009 18:27:07

 O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, programa a partir de mañá martes 11 de agosto e ata o venres 14 de agosto o seu último obradoiro de verán para os máis cativos. Nenos de entre 8 e 11 anos poderán mergullarse na lenda da Illa dos lugares imaxinarios da man da arquitecta Ruth Varela.

No século pasado, o fabuloso dirixible Graf Zeppelin realizaba unha expedición científica a Compostela na procura das ruínas dunha torre circular de pedra. Alí supúñase que estaban agochados os mapas e planos desta illa fantástica.

Os 20 participantes do obradoiro poderán reconstruír esa illa despregable e transformable, chea de microarquitecturas e, de paso, descubrir a natureza da arquitectura e a arquitectura da natureza. Con esta actividade gratuíta, ponse fin aos obradoiros de lecer, unha proposta para a experimentación artística e a aprendizaxe coa que poder xogar, coñecer, comunicarse e crear ao longo de catro días en torno a diferentes linguaxes, soportes, técnicas e conceptos da arte máis actual.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias