El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

MÚSICA

Ordes acolle un espectáculo que fusiona o fado portugués e o tango arxentino

10-08-2009 18:44:50

 A alameda de Ordes acollerá este martes un dos pratos fortes do 'Verán Cultural' programado polo Concello, o espectáculo 'Tango and Fado', que fusiona o tango arxentino co fado portugués, dous estilos internacionalmente recoñecidos pero con bases rítmicas e temáticas similares. Un espectáculo obra do pianista, arreglista e produtor arxentino Juan Carlos Cambas, residente en Galicia dende abril de 1992.

'Tango and Fado' presentará aos veciños de Ordes un concerto que mestura estes dous estilos de música, aos que se encargará de poñer voz Montserrat Alonso. A súa potente voz lírica e popular permitiralle cantar dende tangos tradicionais, como 'El día que me quieras' a clásicos do fado como 'Lágrima'.

Unha voz que estará acompañada por Juan Carlos Cambas ao piano e tamén por outros dous instrumentos representativos destas músicas: o bandoneón para o tango e a guitarra portuguesa para o fado. Así mesmo, o dúo formado por Carina Lucca e Leo Mosqueda bailarán sobre o escenario da alameda as distintas milongas e tangos que se interpreten nesa noite. Trátase dunha parella moi nova e talentosa formada por dous bailaríns que formaron parte do Ballet Folklórico Nacional de Arxentina.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias