El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

CONCIERTO

Un auditorio repleto dará a benvida en Vigo a Leonard Cohen

12-08-2009 19:37:12

 Tras o concerto do Boss en Compostela, este xoves chegará a Vigo outro dos grandes nomes da historia do rock, Leonard Cohen. Con nada máis e nada menos que 74 anos o canadiense segue vibrando e facendo vibrar con cada un dos seus acordes. Non en van, leva dende os anos 60 subido aos escenarios.

O recoñecido artista revisará algúns dos mellores temas da súa traxectoria ao son das súas suxerentes e recoñecidas cordas vogais. Como aderezo, unha excepcional banda que mestura bandurrias, laúdes e instrumentos de corda acadando sons insólitos.

Todo elo nunha actuación que, en función da entrega do público, pode chegar a superar as tres horas de duración, como sucedeu en León, onde Cohen chegou a facer catro bises a petición do público. Pase o que pase mañá na cidade olívia, o que é segura é que os fans poderán escoitar máis de vinte grandes temas.

Para gozar desta oportunidade única o auditorio estará a rebosar. E é que as entradas máis que venderse esfumáronse. A enorme expectación que levantou a visita de Cohen a terras galaicas quedou de manifesto no mesmo intre en que as localidades saliron á venda.

As máis baratas de toda a xira española do rockeiro, a 18 euros, taradaron tan só un día e medio en esgotarse. Son 2.000 localidades de asento no foso do Auditorio de Castrelos. Tamén existe a opción de velo de xeito gratuíto na grada que circunda o recinto. En total espéranse 25.000 persoas na cita viguesa máis importante do ano.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias