El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

FOTOGRAFÍA

Caixanova leva a O Barco de Valdeorras unha exposición de natureza

25-08-2009 12:04:13

 Caixanova inaugurará unha exposición fotográfica da natureza de 2009 no concello ourensán de O Barco de Valdeorras, que permanecerá aberta ó público ata o vindeiro día 20 de setembro na Sala de Exposicións Caixanova situada nese mesmo municipio.

A inauguración da mostra, que leva por título “Fotógrafos da Natureza 2009. Wildlife photographer of the year” terá lugar mañá mércores, a partir das 20.00 horas, gracias a un convenio de colaboración entre o concello de O Barco de Valdeorras e Caixanova.

O concurso anual Wildlife Photographer of The Year, organizado pola BBC e o Museo de Historia de Londres co patrocinio de Shell, celebra este ano a súa edición número trinta e cinco. Aberto aos fotógrafos profesionais e afeccionados de todas as idades, pretende promover o crecente interese pola natureza e o medio ambiente, converténdose no máis prestixioso certame mundial de fotografía da natureza do panorama internacional. Nesta edición recibíronse máis de 32.000 imaxes procedentes de 82 países.

A magnífica colección de imaxes desta exposición é o mellor expoñente do esplendor, o drama e a diversidade da vida no Planeta Terra. Os estilos e protagonistas das fotografías son moi variados, desde a plasmación abstracta da natureza ata os retratos de animais, pasando polo comportamento máis íntimo dos seres vivos e, mesmo, o efecto do quecemento global.

Nesta edición, a fotografía seleccionada como a máis impactante e salientable de todas as presentadas foi ‘Leopardo das neves’, do fotógrafo Steve Winter, que acadou capturar está imaxe despois de dez meses de traballo no parque nacional de Hemis de Ladack na India.

Tamén foron galardoados nas diferentes categorías do concurso Miguel Lasa (España-Reino Unido) por ‘Amencer polar’, Antoni Kasprzak (Polonia) por ‘Choque de pigargos’, Cyril Ruoso (Francia) por ‘A recompensa do cazador’, David Maitland (Reino Unido) por ‘Táboas’, Carlos Virgili (España) por ‘Medusa solar’, Yongkang Zhu (China) por ‘Cisnes nivais’ e Cece Fabbro (Estados Unidos) por ‘Ciprés dos pantanos’, entre outros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias