El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

LIBROS

Varias editoriais galegas participarán en ferias internacionais en China e Brasil

01-09-2009 13:34:14

 Con setembro, comeza o calendario internacional de feiras do libro. A de Pekín en China e a Bienal de Brasil, que este ano se celebra en Río de Janeiro, son as dúas primeiras citas que contarán con presenza galega. Así, Kalandraka, Faktoría K, Nova Galicia e Oqo viaxarán á capital chinesa, mentres que Oqo, Baía e Edicións do Cumio estarán na principal feira literaria do ámbito lusófono.

A XVI Feira Internacional do Libro de Pekín celébrase do 3 ao 7 de setembro na capital chinesa e este ano ten a España como país convidado. A que conta con máis experiencia é a editorial infantil Kalandraka, que se introduciu hai uns anos no mercado asiático, con traducións ao chinés, xaponés, coreano e inglés.

No pavillón español, tamén estarán Faktoría K, Nova Galicia e Oqo. Esta última editorial será a responsable este venres dun obradoiro sobre animación de contos, dentro do programa de actividades que desenvolverá a delegación española. Tamén haberá exposicións, conferencias e concertos.

No tocante á feira brasileña, celebrada do 10 ao 20 de setembro, a Asociación Galega de Editores contará cun espazo no mostrador do Instituto de Comercio Exterior, para amosar as novidades editoriais galegas. Ademais, estarán na feira representantes de Edicións do Cumio, Baía e Oqo. Alí, manterán contactos con editores e axentes doutros países.

O 14 de setembro terá lugar un encontro conxunto cos editores agrupados na Liga Brasileira de Editores. Esta entidade organiza do 10 ao 13 de setembro en São Paulo a Primavera dos Livros 2009, na que tamén estará presente Oqo Editora.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias