El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

CERTAMEN

Bueu convoca unha nova edición dos premios de poesía e xornalismo Johán Carballeira

01-09-2009 13:37:13

 O Concello de Bueu ven de convocar unha nova edición dos premios de poesía e xornalismo Johán Carballeira, que se resolverán a finais do vindeiro mes de decembro. Cada un deles conta cunha dotación económica de 1.500 euros para o único premiado en cada unha das dúas categorías.

Os orixinais presentados á modalidade poética deberán estar escritos en galego, superando os 400 versos. Ademais, deberán ser inéditos e non ter sido premiados en anteriores convocatorias deste certame ou noutros concursos de poesía. O prazo de presentación rematará o 16 de novembro e o xurado estará composto por tres persoas vencelladas á literatura galega.

No tocante ao premio de xornalismo, estará aberto a traballos de temática libre pertencentes a calquera xénero periodístico, publicados con firma ou pseudónimo entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de outubro deste ano. Os traballos deberán ter sido publicados en medios impresos ou dixitais e estarán escritos en galego.

O prazo límite para a recepción dos traballos pecharase o día 7 de novembro de 2009. O xurado estará composto por tres persoas vinculadas ao xornalismo galego. Este xurado valorará positivamente aqueles traballos enmarcados nos xéneros da reportaxe e da entrevista, nos que desenvolveu maioritariamente o seu labor Johán Carballeira.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias