El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

CULTURA

Ourense acolle a exposición "Sete voces para a Coral de Ruada"

02-09-2009 17:08:12

 O Centro Cultural Simeón da Deputación de Ourense acolle dende onte a exposición 'Sete voces para a Coral De Ruada'. A mostra, que se enmarca dentro dos actos de celebración do 90 aniversario da emblemática coral ourensá, permanecerá aberta ao público até o 27 de setembro no Centro Simeón.

Esta retrospectiva nace a partir dos fondos propios da Coral, do seu significado histórico e do seu alcance actual. Así, presenta unha viaxe polas memorias da agrupación.

Os obxectos máis relevantes obtidos e custodiados pola Coral nos últimos 90 anos, os cadros e obras de artistas relacionados, a proxección dun audiovisual e unha zona interactiva onde se poderán escoitar algúns dos temas fundamentais do seu repertorio conforman esta exposición.

Con 90 anos de historia, a Coral de Ruada representa un sólido símbolo de identidade non só na memoria colectiva de todos os ourensáns, senón tamén dentro da nómina privilexiada dos grandes coros galegos. Desde a súa presentación oficial o 24 de xuño de 1919 e até a actualidade, a Coral vén desenvolvendo un inxente e extraordinario labor, que a consagrou xa como unha entidade clave na defensa e recuperación da cultura musical popular.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias