El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

CAMBIOS

O director de Agadic cesa ás directoras do Centro Dramático e do Centro Coreográfico Galego

03-09-2009 13:22:25

 O novo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero, decidiu cesar onte ás directoras do Centro Dramático Galego, CDG, Cristina Domínguez; e mais do Centro Coreográfico Galego, CCG, Natalia Balseiro. Con todo, o director de Agadic sinalou que se manterá a programación do Centro Dramático, aínda que se atrasará a produción propia prevista en torno a dous meses.

Segundo informou Fasero, a nova dirección do CDG seleccionarase mediante un concurso público, que agarda estea resolto a finais deste ano. Aínda non confirmou como se seleccionará á persoa que dirixirá o CCG, pero, previsiblemente, farase mediante un proceso semellante.

Foi o propio conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña, o que lle ofreceu a Cristina Domínguez permanecer no seu posto polo menos ata finais deste ano, coa misión de coordinar a transición neste organismo logo das eleccións. Varela valorou que Domínguez era un dos cargos culturais máis valorados do Bipartito e contaba cunha imporante consideración dentro do sector escénico.

Nembargante, a mediados do pasado mes de agosto o deputado popular Ignacio López Chaves denunciou que o Consello de Contas ratificara supostas irregularidades nas contratacións do antigo Instituto Galego de Artes Escénicas Musicais, agora Agadic, no 2006, nas que se vía implicada directamente Domínguez.

Hoxe, Domínguez informará da súa situación ao consello asesor do Centro Dramático. Domínguez e Balseiro abandonarán definitivamente os seus cargos a vindeira semana, tras recibir onte unha carta de preaviso do seu cesamento.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias