El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

CINE

A producción galega "Celda 211" preséntase hoxe no Festival de Venecia

03-09-2009 13:50:59

  'Celda 211', da productora galega Vaca Films, terá hoxe a súa primeira premier internacional, no Festival Internacional de Cine de Venecia. A cuarta película de Daniel Mozón está baseada na novela homónima de Francisco Pérez Gandul. A longametraxe está protagonizada polo lucense Luis Tosar e conta cun sólido elenco formado por actores como o debutante Alberto Ammann, e os xa recoñecidos Antonio Resines, Luis Zahera, Carlos Bardem, Manuel Morón e Marta Etura.

A cinta narra a historia de juan, un xoven funcionario de prisións que se ve atrapado nun motín carcelario o mesmo día no que comeza a traballar no seu novo destino. Facéndose pasar por un preso máis, loitará por salvar a sá vida e tentar poñer fin á revolta.

Na delegación que acompaña á película estarán presentes a productora da película, Emma Lustres; o director e gran parte do reparto. Además, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, acompañará a esta delegación para apoiar a promoción da cinta.

Mais o periplo internacional de 'Celda 211' non remata aquí, xa que participará tamén no Festival Internacional de Cine de Toronto, que se celebrará do 10 ao 19 de setembro na cidade canadiense. A longametraxe foi seleccionada para formar parte da sección 'Contemporary World Cinema'.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias