El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

CINE

O Festival de Venecia recibe con aplausos a cinta galega "Celda 211"

04-09-2009 19:42:01

 O LXVI Festival de Venecia recibiu este venres con aplausos á longametraxe galega 'Celda 211'. Entre os membros do equipo desprazados ata a cidade italiana, estaban o actor lucense Luis Tosar, o director Daniel Monzón, e outros protagonistas como Alberto Ammann, Antonio Resines, Carlos Bardem ou Marta Etura.

Á grande ovación por parte dos espectadores que encheron a sala, súmanse as magníficas críticas da prensa italiana especializada, que a define como "unha das películas do ano". A estrea na Mostra de Venecia é a primeira cita da xira promocional da cinta en certames internacionais.

Cun orzamento de 4 millóns de euros, Vacafilms convértese na primeira produtora galega en levar un filme ao prestixioso Festival de Cine de Venecia. Do mesmo xeito, 'Celda 211' participará tamén no Festival de Toronto, do 10 ao 19 se setembro.


APOIO INSTITUCIONAL

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asistiu tamén hoxe á estrea internacional do filme de produción galega. Tras a presentación, Varela incidiu en que a película conta con "enormes posibilidades nos vindeiros certames de cine internacionais". Ademais, asegurou que o éxito acadado hoxe "debe ser exemplo para que o resto de industrias galegas se involucren en traballos deste nivel".

Nesta liña de apoio ao audiovisual galego, Varela asegurou que a Xunta de Galicia "estará alí onde as producións galegas o demanden". "O noso compromiso é impulsar os proxectos de calidade que difundan o bo facer e talento das empresas galegas e que axuden a internacionalizar a nosa industria cultural en xeral e a cinematográfica en particular", manifestou.

Despois da proxección da película, Roberto Varela felicitou especialmente aos sete actores galegos que participaron na rodaxe e gabou de novo o excelente traballo de Luís Tosar, ao que xa recibira en San Caetano antes da viaxe da delegación galega á Venecia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias