El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

PROYECCIONES

A Semana Internacional de Cine de Autor encherá Lugo do mellor cinema internacional

09-09-2009 17:10:29

 O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, presentou a programación da XXXI Semana Internacional de Cine de Autor, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e que encherá Lugo do mellor cinema internacional entre o 20 e o 26 de setembro.

Ademais, por primeira vez e grazas ao apoio da Deputación, algúns dos filmes da programación serán proxectados logo da semana de cine noutros concellos e localidades da provincia, espallando a cultura cinematográfica alén da propia capital da provincia.

A programación está conformada por diferentes ciclos. Así, por exemplo, paralelamente á sección oficial, onde se poderán ver películas gañadoras de premios internacionais tan prestixiosos como a Palma de Ouro de Cannes ou o Oso de Berlín, desenvolverase un ciclo de cinema infantil.

O salón de actos da Deputación de Lugo acollerá, pola súa banda, un ciclo especial dedicado ao cinema galego. Outros dous ciclos con contido específico son os de 'Igualdade', de marcado carácter social, e 'O mellor do ano', un repaso aos mellores filmes da tempada.

Por outra parte, a figura representativa do cinema que se homenaxea nesta ocasión, con mostras das súas películas e unha exposición que se poderá ver na sala de exposicións da Deputación de Lugo, é a de Eduardo Fajardo, alcumado 'o vilán do cinema español'.

Este actor, galego nado no concello pontevedrés de Mosteiro, posúe unha longa filmatografía ao seu lombo, que o fai merecente da máis sentida homenaxe que se lle dispensará durante a súa estadía en Lugo durante o transcurso da XXXI Semana de Cine de Autor.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias