El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

TELEVISIÓN

"Libro de familia" será a primeira serie de ficción autonómica que se emita nos Estados Unidos

09-09-2009 18:55:53

A producción emitida pola TVG "Libro de familia" será a primeira serie de ficción dunha televisión autonómica española en emitirse nos Estados Unidos. Así, o serial estrearase en breve na canle norteamericana V-me.


O anuncio foi confirmado polo director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, a presidenta da canle estadounidense, Carmen DiRienzo, e o seu director xeral de contidos, Guillermo Sierra.



V-me conta con 39 emisoras afiliadas e chega a 63 millóns de fogares. Xunto a Telemundo, Univision e Telefutura, é unha das catro canles latinas máis distribuídas, cuns importantes índices de audiencia entre a comunidade hispana do país.



Ademais, a serie, producida polo lucense José María Besteiro, regresará á súa cita cos espectadores galegos o próximo 20 de setembro. A quinta temporada volve centrada na Galicia dos anos 70, década que marcará un xiro na evolución dos personaxes.



Centrada na historia cotidiana de tres familas da imaxinaria localidade galega de Santalla, a serie foi galardoada no 2005 polo Goberno galego co Premio Galicia de Comunicación e no 2007 pola Academia Española de Televisión como Mejor Serie Autonómica de Ficción.



Asimesmo, 'Libro de familia' é dos programas favoritos do público galego, mantendo o liderado na súa franxa semana tras semana dende a súa estrea. Nos Estados Unidos, programarase tamén no 'prime time', que V-me reserva para as series dramáticas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias