LaConsellería de Cultura e Turismo finaciará varias actuación no Castro de Baroña,
en Porto do Son. O anuncio foi feito polo director xeral do Patrimonio
Cultural, José Manuel Rey Pichel, nunha reunión mantida co alcalde da localidade
coruñesa, Manuel Tomé, ca fin de definir un plan de traballo que permita
garantir a seguridade, protección e posta en valor do Castro.
Neste sentido, Cultura financiará o proxecto de limpeza, acondicionamento e
levantamento topográfico do xacemento arqueolóxico. Esta actuación tornou
prioritaria para a Consellería despois de que a pasada fin de semana uns
descoñecidos acumularan mais de 300 pedras sacadas dos mesmos muros do xacemento
en forma de pirámide, vulnerando a Lei de Patrimonio de Galicia, que impide o
uso inadecuado da arqueoloxía.
Non se trata da primeira acción vandálica no complexo, polo que o Concello
decidiu redactar o Plan Especial de Protección, que será unha peza fundamental
para declarar o complexo arqueolóxico como Ben de Interese Cultural. Ademais, a
Consellería colaborará na elaboración dun Plan Director que regule as actuacións
nesta zona protexida.
A reunión serviu para establecer as liñas de traballo respecto á construción
do Centro de Interpretación do Castro de Baroña. José Manuel Rey Pichel
comprometeuse a impulsar o proxecto, para o que é necesario que, previamente, o
Concello defina a dispoñibilidade dos terreos para a súa ubicación.
A curto prazo, a Xunta estudará a posibilidade de poñer en marcha un programa
de visitas guiadas ao xacemento, para dar a coñecer, de xeito didáctico, a
riqueza deste complexo arqueolóxico.