El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

CINE

Dous lucenses participan na banda sonora da exitosa longametraxe "Agallas"

15-09-2009 19:46:09

Dous lucenses participan na BSO da exitosa longametraxe de produción galega 'Agallas', protagonizada polos famosos actores Carmelo Gómez e Hugo Silva e que na súa primeira fin de semana nas salas galegas bateu a varios filmes estadounidenses.

Así, a formación Dummie project, integrada por Arturo Vaquero e Marcos Peón, pon música a unha importante escena da cinta. Nesta secuencia, dun par de minutos, os dous protagonistas bailan nunha discoteca ao son dunha das pezas da banda lucense. O tema é 'Baila mi ritmo' e nel Dummie project conta coa colaboración da vocalista coruñesa Lis, coñecida pola súa participación no concurso televisivo 'Popstars'.

Dummie project naceu no 2008. O tema house 'Baila mi ritmo' é o seu primeiro single editado. Ademais do track orixinal, o single conta con remixes de dj's de fama internacional. Tanto Arturo Vaquero como Marcos Peón levan anos dedicándose á música electrónica.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias