El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

FOTOGRAFÍA

O Auditorio de Galicia acolle a exposición "Latexos dun mundo convulso"

16-09-2009 21:02:13

O Auditorio de Galicia en Compostela acolle a exposición 'Latexos dun mundo convulso'. A mostra, organizada pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago, é un proxecto comisariado por Sandra Basells para Lunwerg Editores e coproducido por Obra Social Caja Madrid. A exposición permanecerá aberta do 17 setembro ao 22 de novembro.

'Latexos dun mundo convulso' constitúe unha extensa proposta fotográfica documental que reúne por primeira vez a ollada comprometida de dez fotógrafos españois en torno a situacións dramáticas impregnadas pola guerra, a miseria e a explotación.

Reúnese un total de cen obras fotográficas realizadas por Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernard, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez, dos que se seleccionaron dez fotografías de cada un deles. Todas as imaxes foron tomadas desde o ano 1974 ata a actualidade.

A visión destes dez autores traza un extenso percorrido fotográfico por algúns dos escenarios máis castigados pola barbarie humana durante as tres úlitmas décadas. Arrinca no 1974 en Portugal coa Revolución dos Caraveis e que conclúe coa actual guerra de Irak, pasando polos enfrontamentos fratricidas acontecidos na década dos noventa da antiga Iugoslavia e en Ruanda, por conflitos dramaticamente enquistados en lugares como Oriente Medio e o País Vasco, e por situacións tan desoladoras e estendidas como a marxinación, a explotación infantil, a violencia sexista, a pobreza, a inmigración, as fosas comúns, as posguerras, as deportacións e as mutilacións.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias