El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

LITERATURA

A Fundación Xosé Neira Vilas convoca o V Premio Arume de poesía para nenos

21-09-2009 11:53:05

A Fundación Xosé Neira Vilas presentou en Santiago a V convocatoria do V Premio Arume de poesía en galego para nenos. Este galardón está dotado cun primeiro premio de 1.000 euros, ao que concorren bienalmente máis de medio cento de autores que cultivan en toda Galicia este xénero tan pouco frecuente.

O libro premiado adoita publicarse en Edicións do Castro, que xa cunha colección de obras poéticas infantís ao dispor dos lectores para ler e recitar por tódolos colexios e asociacións da xeografía galega. O proceso está coordinado e revisado por escritores da experiencia de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias