El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

CONFERENCIAS

O Consello da Cultura Galega iniciará o 15 de outubro actividades conxuntas coa London School of Economics

02-10-2009 18:45:18

O Consello da Cultura Galega inaugurará o 15 de outubro en Londres as actividades que, por vez primeira no curso 2009-2010, realizará conxuntamente co Instituto Europeo da London School of Economics and Political Science. O obxectivo é promover o coñecemento e a difusión da cultura galega no exterior. O acto inaguural contará coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

A conferencia inaugural deste primeiro ciclo de actividades, ao abeiro do convenio asinado o pasado 6 de maio, terá como título 'Galicia na política española actual' e será pronunciada por Pedro Puy Fraga, profesor da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela e deputado do Parlamento de Galicia.

O programa do curso inclúe outras tres conferencias: 'Galicia-América: da emigración á inmigración', a cargo de Xosé Manoel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela; 'Galicia, un país pesqueiro', de Alfonso Paz-Andrade, ex conselleiro-delegado de Pescanova; e 'Galicia e España: unha perspectiva desde o federalismo', impartida por Ramón Máiz, catedrático de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela.

A Anglo-Spanish Cultural Foundation, patrocinador do Cañada Blanch Center for Contemporary Spanish Studies, forma parte do Instituto Europeo da London School of Economics and Political Science, pertencente á Universidade de Londres. Promove a investigación e o ensino da historia contemporánea española, a súa economía, socioloxía e cultura.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias