El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

ESPECTÁCULOS

A Feira das Artes Escénicas celébrase en cinco espazos de Compostela do 19 ao 23 de outubro

14-10-2009 18:14:42

A Axencia Galega das Industrias Culturais organiza do 19 ao 23 de outubro en Santiago a XVII Feira Galega das Artes Escénicas, cunha programación "cen por cen galega", tal e como subliñou esta mañá o director da Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero.

Fasero resaltou que se trata dun "evento crucial e determinante", que aspira a converter Compostela no "epicentro da escena galega". Neste sentido, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, comentou que é o momento de que os profesionais da comunidade dean "o mellor de si mesmos e do seu traballo".

Máis de 130 programadores de toda España e Portugal xa están acreditados para este foro. Para eles, deseñouse un programa de bonificacións á distribución exterior. Así, no caso de contatar algunha produción na feira, aplicaráselles un desconto do 40 por cento sobre o seu caché. O obxectivo é igualar os resultados da pasada edición, cando se pecharon contratos para a realización de máis de 140 funcións de 20 pezas galegas.

PROGRAMACIÓN HETEROXÉNEA

O cartel está integrado por 20 espectáculos, 11 deles de teatro para adultos, seis de teatro infantil e tres de danza. As representacións celebraranse en cinco espazos da cidade: o Auditorio de Galicia, ARTeria Noroeste, a Sala Nasa, o Salón Teatro e o Teatro Principal. A entrada para todos elas será de balde, até contemplar o aforo dispoñible.

Ademais, farase unha serie de actividades paralelas, como dúas mesas de debate, catro showcases de danza e a asamblea xeral da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Asemande, haberá unha zona con 16 stands de empresas e asociacións do sector

A inauguración aproveitarase para dar a coñecer e entregar os tres premios de literatura dramática que convoca anualmente a Agadic: o Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, o Manuel María de literatura dramática infantil e o Barriga Verde de textos para monicreques.

DÚAS ESTREAS ABSOLUTAS

Nesta feira, presentarase dúas estreas absolutas: 'Rosalía a pulga que escribía' de Galitoon e 'Shakespeare para ignorantes' de Mofa e Befa. Ademais, unha ampla porcentaxe do resto dos espectáculos iniciou o seu perorrido polos escenarios nas últimas semanas. É o caso das novas propostas de Lagarta Lagarta, Monicreques de Kukas, Sarabela Teatro, Teatro de Ningures, Teatro del Andamio, Teatro do Atlántico e Teatro do Noroeste.

No cartel, haberá espazo para os clásicos galegos, xa que Sarabela subirá ás tábaoas 'A Esmorga' de Eduardo Blanco Amor. Tamén estará presente a dramaturxia contemporánea, a través de adaptacións de recoñecidos autores internacionais e estatais, como Steven Berkoff, Brial Fiel, Laila Ripoll ou Alejandro Palomas, entre outros. A autoría galega contemporánea centrarase proncipalmente nas propostas para público infantil.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias