El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

MÚSICA

María Lavalle e Aute, no Teatro Colón

20-10-2009 20:32:31

O Teatro Colón Caixa Galicia na Coruña acollerá esta semana unha intensa programación coas actuacións de María Lavalle, Luis Eduardo Aute e unha nova representación do ciclo de teatro infantil. A oferta cultural comezará o xoves, día 22 de outubro, coa actuación da cantante María Lavalle.

'Tú que puedes, vuélvete' é o título do espectáculo que a cantante arxentina ofrecerá ao público galego. Neste traballo, mestura distintas influencias musicais, como tangos, fados, canción francesa e composicións propias, dando moita importancia aos textos que interpreta.

A programación continuará o venres, día 23 de outubro, cun novo concerto do ciclo 'O Colón en acústico', que leva ata o escenario coruñés a actuación de Luis Eduardo Aute, voz referencial da música española.

O cantante, que chega coas entradas esgotadas dende hai días, presentará o seu último traballo discográfico, 'Autorretratos', co que pecha 'Memorable Cuerpo', a triloxía da recompilación musical das súas mellores composicións, revisadas e gravadas con novos arranxos.

Neste concerto, Aute realizará unha viaxe musical a través dos maiores éxitos dunha carreira artística de máis de corenta anos, no que interpretará pezas como 'Una de dos', 'Pasaba por aquí', 'No te desnudes todavía' ou 'Al Alba', entre moitas outras.

Por último, está 'Tom Sawyer', unha nova peza de teatro infantil que poderá verse no Colón Caixa Galicia o domingo, día 25 de outubro. Trátase dunha montaxe na que se realiza unha viaxe fascinante pola infancia duns nenos e pola gran aventura da súa vida.

Os máis pequenos poderán gozar, xogar, cantar e bailar con esta obra dirixida por Borja Rodriguez e cos actores Fernando Ramallo, David Bueno, Dayana Gálvez e Susana Sucena como protagonistas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias