El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

CINE

As curtas gañadoras do Festival de Cans viaxan a Bruxelas e A Haia

28-10-2009 20:04:03

As curtas gañadoras da última edición do Festival de Cans de curtametraxes seguen co seu percorrido internacional de proxeccións. Nestes últimos días, as curtametraxes gañadoras exhibíronse no 'Shoot-Me Film Festival' da Haia, e este xoves 29 serán proxectadas no 'Cinéma Vendôme' de Bruxelas, nun acto organizado pola Asociación Couto Mixto, formada por galegos residentes na capital belga.

Ata Bruxelas, viaxarán representantes do festival para presentar as curtametraxes e asistir a un coloquio co público presente. É o segundo ano que as obras gañadoras do certame galego se proxectan en Bruxelas, logo do éxito acadado o pasado ano, no que cerca de 200 persoas encheron o recinto e agotaron as localidades.

Hai uns días, arredor dun centenar de persoas disfrutaron na Haia das curtametraxes e videoclips gañadores. Desde hai tres anos, este evento ten un acordo de colaboración co Festival de Cans, a través da asociación Anywhere Cinema, que abrangue a varios festivais, cuxo nexo común é mostrar os filmes en lugares inusuais como almacéns, tendas, adegas, alpendres ou prazas ao aire libre.

Este ano, dentro dos gañadores do festival que están seguindo este circuito internacional están as curtas de ficción 'Por nada' de Dani de la Torre, 'Uruguai 2030' de Rafa de los Arcos, e as animacións 'O pintor de ceos' de Jorge Morais, e 'The Werepig' de Sam Ortí, ademais dos últimos videoclips dos grupos Manos de Topo e Niño y Pistola.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias