O outono inunda Galicia. Todos os nosos sentidos –ouvido, vista, olfato, gusto e tacto- actívanse ao máximo para experimentar o pracer dunha estación única, que evoca sensacións de nostalxia, pero tamén de tempos actuais, compartidos ao carón do lume. Aproveitando esa espiral de sentimentos púxose en marcha o programa ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural’, unha iniciativa da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia que nace co obxectivo de dar a coñecer boa parte do rico patrimonio gastronómico galego, ao tempo que permite o disfrute do medio rural.
Máis de cen aloxamentos de Turismo Rural contan ata o 15 de decembro na súa oferta con este produto turístico cuxo obxectivo é aproveitar a excelente oferta gastronómica das casas de Turismo Rural de Galícia. En total, 103 casas cheas de maxia onde elixir para pasar un momento inesquecible.
O programa desenvolvido por Turgalicia é unha oportunidade para que os galegos se acheguen a disfrutar do turismo rural de Galicia. O aroma do bosque galego dispérsase por toda a comunidade xa que o programa conta cunha gran distribución territorial, tendo en conta o número de establecementos participantes: na provincia da Coruña participan 26 aloxamentos, na de Lugo, 22; en Ourense, 24; e na provincia de Pontevedra, 31 casas.
Os usuarios do produto teñen a posibilidade de optar polo Menú Outono Gastronómico ou polo Paquete Outono Gastronómico. O primeiro permite por tan só 25 euros degustar exquisitos entrantes, primeiros e segundos pratos, cafés, infusións, viños... O Paquete Outono Gastronómico permite degustar o menú e pernoitar na casa de Turismo Rural elixida, incluíndo os almorzos do día seguinte dentro da oferta. O paquete para dúas persoas inclúe dous menús do outono gastronómico, unha noite en habitación doble na casa elixida e dous almorzos por um prezo de 100 euros.