Existe un órgano chamado Consello Agrario Galego, regulado na Lei 1/2006, de 5 de xuño. Na teoría é un grupo de traballo para definir as políticas agrarias de Galicia, aínda que estou seguro que moitos nin sequera sabedes que existe. É de sobra coñecido que a política agraria ven xa marcada pola PAC, sabendo que a política agraria común supón un 40% do orzamento da Unión, a creación do Consello Agrario Galego responde a unha estratexia de captación efectiva de fondos comúns.
A autosuficiencia agrícola buscada pola Unión é hoxe un dos problemas futuros na construción e no asentamento do propio proxecto Europeo, xa que entra en conflito coa situación do éxodo de persoas dende a zona centroafricana cara Europa. Esa situación é a principal arma dos eurofogos, contrarios ó Tratado de Schengen que queren ir a unha Europa de fronteiras. Entra en conflito posto que a única maneira, ou a máis efectiva de axuda en orixe, é a mellora da calidade de vida e apoiar o crecemento agrícola dos países do Golfo de Guinea. O que necesariamente vai a supoñer unha redefinición da PAC. É responsabilidade de Europa no mundo e tamén unha medida real de loita contra a presión demógrafica e como freo a eurofogos.
Tarde ou cedo estas medidas saíran por necesidade dos centros de decisión de Europa, xa que logo é unha oportunidade para que o Consello Agrario Galego traballe en novas medidas relacionadas coa PAC, que non vaian no camiño da máis que probable axuda á macroprodución en África, na que Galicia tería a batalla perdida. É unha oportunidade para unha política agraria galega do rural, do I+D+I, da especialización, do turismo, da economía rural familiar e da diferenciación. Unha acción política que permita facer de Galicia un facho de futuro apostando por producións novas de alto valor engadido e de calidade para poder competir no mundo. Esta actuación necesariamente fixaría poboación no rural, aumentaría a calidade de vida e suporía a longo prazo unha mellora competitiva que dificilmente estaría en conflito cos grandes produtores que se esperan de África.
A riqueza e o potencial galego, nada pode facer no campo das macroproduccións, o camiño está xa marcado polo que se prevé por lóxica que pase, a diferenciación é que si empezamos xa a actuar como País e nos adiantamos no tempo a sacudida da PAC non vai afectar á nosa calidade de vida, ó contrario axudará a mellorar problemas de Galicia. Espero que o Consello Agrario Galego teña máis valor que o de pagar dietas ós asistentes, Galicia ten que aproveitar esta realidade.
Piñeiro Docampo