El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Apunte

A imposición do Sergas

14-01-2023

O convenio "Coida os teus ollos" é un convenio de colaboración entre o Sergas e as ópticas, convenio totalmente gratuíto, sen ningún tipo de compensación ós centros adheridos e que substitúe ó anterior convenio "Ollo cos ollos", coa diferencia de que o anterior convenio era a través do colexio de ópticos optometristas de Galicia e contaba coa aprobación dos seus colexiados. 

No anterior convenio había máis de 600 centros adheridos, e durante 15 anos os ópticos traballamos sen ningún tipo de compensación económica (nin de axudas de ningún tipo) para o Servizo Galego de Saúde, ata que nunha asamblea extraordinaria, e debido á sobrecarga de traballo por parte do Sergas sen un mínimo de agradecemento cara a nosa profesión, nin nas formas nin no prometido no seu día, decidiuse a non continuidade de "Ollo cos ollos". 

O Sergas, non aceptando a decisión adoptada na asamblea, decide, de forma unilateral, levar a cabo o actual convenio negociando directamente coas empresas e saltándose o organismo que nos representa, o colexio profesional de ópticos optometristas de Galicia. 

Agora, a situación é a seguinte, tras 2 anos de novo convenio "Coida os teus ollos" o número de centros adheridos segue sende moi reducido, falamos dun total de 205 centros en toda Galicia os cales non están repartidos homoxéneamente, concellos coma Ribeira, por exemplo, con máis de 26000 habitantes, non conta con ningún centro adherido; provincias como Lugo só conta con 17 centros e na capital de provincia, con 97000 hab., únicamente hai unha óptica adherida. 

Noutras comunidades como Murcia, o sistema murciano de saúde sacou plazas para ópticos na Atención Primaria (adxuntamos o enlace de "La Opinión de Murcia" onde falan do tema) e, na nosa comunidade, tras o envío, o pasado verán, dun escrito asinado por un centenar de compañeiros no que solicitábamos unha mellora de condicións a través de contratos (que non convenios) ou a creación da figura do óptico-optometrista no Servizo Galego de Saúde, seguimos, a día de hoxe, sen recibir resposta. 

As consecuencias deste convenio veránse a largo plazo. E o porque vén a continuación. Para poder exercer de Óptico-Optometrista fai falta sacar o grado e estar colexiado, a colexiación de cada óptico da comunidade de Galicia ascende a máis de 400 euros. 

Cada centro óptico ten que ter un Óptico-Optometrista responsable ao frente que é o que consta na inspección de sanidade como tal coas responsabilidades que iso conleva, ademais dos que poida haber a maiores según o volumen de traballo. 

Sen embargo, con respecto ao convenio, calquera decisión que salga do colexio de ópticos cae en saco roto e, en moitos casos, como lle pasa a algún dos compañeiros desos 205 centros adheridos, vense na obriga de ir en contra das decisións da asamblea e, por ente, contra a ética profesional, porque o convenio asínase co empresario sen ter en conta as decisións do colexio. 

Cada vez aumenta máis a venta a través de Internet, fai nada saíu unha nova de empresario galegos onde promocionaban a venta de lentes graduadas on line, e o feito de facer a revisión a través do convenio "Coida os teus ollos" non te obriga a mercar as lentes no establecemento, aínda sendo un producto sanitario. 

As novas xeracións teñen outros hábitos a hora de mercar, se a parte material se vende a través das redes e non cobramos polo noso traballo no gabinete, iso só levará a máis traballo, máis persoal pero con menos ingresos, o que finalmente rematará en despidos, baixadas de soldos ou peches. 

Ademais das coleccións de monturas que ano a ano renóvanse ou liquídanse como se fai noutro tipo de establecementos (roupa, zapaterías, etc) contamos cun gasto moito maior que é o da maquinaria de gabinete e taller. Un gasto que se tarda anos en amortizar e que, co novo convenio, retrasa a amortización e adianta o desgaste das mesmas. 

Pois hai que recordar que todos os pacientes do Sergas, que teñan cita ou non co especialista, previamente pasan polas ópticas. O porque dos nosos escritos é moi sinxelo:  

-Poñer en valor e dar a coñecer a nosa profesión, pois pouca xente coñece a diferencia entre o servizo de optometría e o de oftalmoloxía e as competencias de cada un deles. Nós somos de Atención Primaria. 

-Que os pacientes teñan acceso a unha atención gratuíta e de calidade. 

-Axilizar o traballo ós médicos de familia. Como fan as matronas ou as enfermeiras nos centros de saúde con aqueles pacientes que son da súa competencia. 

-Se a administración pública precisa da empresa privada para axilizar as listas de espera e filtrar os pacientes para o Servizo de Oftalmoloxía, que o faga a través de contratos como fai con outras profesións ou con optometristas na Atención Primaria. 

Cartas al Director


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca