El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Lucas Ricoy
Cartas al Director
Apunte

CCOO | 17 DE MAIO

16-05-2025

O Día das Letras Galegas é unha das datas máis simbólicas do calendario galego. Celebrámolo para honrar a nosa lingua e a nosa cultura, pero tamén para reafirmar o compromiso social co seu futuro. Desde o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia sumámonos a esta celebración cunha mensaxe clara: o galego é do pobo, é da clase traballadora, e a súa normalización é unha cuestión de xustiza, de democracia e de dereitos. Este 17 de Maio está dedicado ás cantareiras, herdeiras da tradición oral e transmisoras da cultura popular. En homenaxe a elas, a manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego para o propio Día das Letras converterase tamén nunha «foliada pola lingua». Desde CCOO, unha vez máis, chamamos á participación masiva nesta convocatoria. Facemos este chamamento como unha das principais organizacións sociais deste país, como sindicato de clase que leva case medio século recoñecendo oficialmente o galego como idioma propio e de uso preferente na súa actividade. Así o recollen os nosos estatutos desde 1978, mesmo antes da aprobación da Constitución e do Estatuto de Autonomía. Mais non abonda con honrar o idioma un día ao ano: cómpre garantir o seu uso real en todos os ámbitos da vida. A situación é crítica, especialmente entre a mocidade. Isto é consecuencia directa de políticas públicas que expulsan a lingua dos espazos centrais, nomeadamente do ensino. Por iso, desde CCOO de Galicia reiteramos unha esixencia clara e urxente: a derrogación inmediata do Decreto do plurilingüismo, aprobado polo Partido Popular hai xa quince anos en contra do consenso social e parlamentario que fixo posibles fitos como a Lei de normalización lingüística de 1983. Ese decreto significou o maior retroceso da historia democrática no ensino en galego e é un dos principais responsables da creba da transmisión xeracional da lingua. No canto de lle reclamar á oposición un novo pacto pola lingua, é o PP quen debe volver ao consenso que rompeu unilateralmente hai xa tres lustros. Mudar o rumbo As advertencias do Consello de Europa ou da ONU, as denuncias reiteradas do movemento social pola lingua e o incumprimento sistemático do Plan xeral de normalización aprobado por unanimidade en 2004 deixan en evidencia a política hostil da Xunta. Urxe un cambio de rumbo en materia idiomática e é preciso facelo con unidade institucional, deixando fóra calquera interese partidista. Neste 17 de Maio non celebramos só un patrimonio: celebramos un patrimonio milenario que debe vertebrar a toda a sociedade. Neste contexto, convidamos a toda a clase traballadora a erguer a voz en galego, a vivir en galego e a loitar en galego. Porque a defensa do idioma é tamén a defensa da clase traballadora galega. 
Desde CCOO comprometémonos a facer do idioma unha ferramenta activa de cohesión, igualdade e conciencia colectiva. E esiximos das institucións que abandonen a propaganda e pasen á acción: cómpre garantir agora, sen escusas, a presenza real do galego no ensino, na cultura, na Administración, nos medios e na vida laboral. Porque sen lingua non hai país, e sen país non hai futuro. Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Cartas al Director


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




+ Comentadas

Videoteca