Os representantes, afiliados e simpatizantes de coalición Galega queremos hoxe estar presentes no debate da organización territorial do estado porque temos unha ambición política e económica conducente a situar a Galicia no camiño da produtividade e xeración de emprego, para nos fortalecer como País, como economía e como sociedade. O noso partido é optimista co futuro da nosa Terra, pois consideramos que a intelixencia social e as capacidades do noso pobo están por enriba da desidia dos nosos políticos, e queremos participar na solución das dificultades que se aveciñan e opinar sobre as mesmas. Temos presente o tema de Altri que non cumple cos requisitos mediambientáis máis elementáis esixibles nos países desenrolados. Temos presente tamén o continuo bloqueo administrativo á Facultade de Medicina da Coruña coa conseguinte escasez de cadros médicos en Galicia e o desastroso funcionamento de Hospitáis Comarcáis coma o de Burela por estas mesmas circunstancias. Por qué non unha segunda Facultade de Medicina na Coruña, tantos anos demandada. Poderíamos pasar de 450 médicos titulados ao ano a máis de 700 facultativos. Non deberan ser os de agora tempos de monopolios económicos nin de formación. Tamén nos mantemos expectantes diante do oscurantista e millonario desenrolo da Fachada Marítima de A Coruña, que sorprendentemente é no único en que se poñen dacordo Goberno e oposición, en troques dunhas ducias de vivendas de protección oficial e de non se sabe qué máis. Por qué non unha segunda intermodal de cercanías na Avenida do Exército, cara a un servizo de proximidade nas capitáis galegas. Coalición Galega é unha forza que cree profundamente no modelo de convivencia europeo no que o obxeto fundamental é a preservación da liberdade humana e a responsabilidade individual, unha aposta galega que se nutre dos fundamentos ideeolóxicos e humanistas do galeguismo histórico e quere representar os intereses de todos os galegos e galegas que desexen ter un futuro na súa terra. Galicia é absolutamente europea e o Camiño de Santiago foi a columna vertebral de Europa, pero a UE ten agora 27 estados membros e cada vez está máis volcada cara o leste. Ursula von der Leyen estase a comportar como unha presidenta dos estados europeos, coma se fose elexida por sufraxio universal. Por outra banda, no eido da administración local, esencial nun país cunha poboación espallada e envellecida, estamos comprometidos con transformar a política provincial poñéndoa ao servizo das comarcas e dos municipios. As Deputacións teñen que ser entidades transparentes e cooperadoras a hora de favorecer o desenvolvemento municipal equitativo, ou deixar de ser. Unha comarca con contido non se pode desenrolar sen detraer competencias ás Deputacións, e as competencias de réxime local están reservadas ó Estado. Asistimos tamén preocupados ao esmorecer do eixo oriental galego, Ourense e Lugo, así como das comarcas interiores das provincias de A Coruña e Pontevedra. Acreditamos que Galicia precisa un grado substancial de autogoberno e somos firmes defensores do dereito de autodeterminación dos pobos. Para camiñar cara a ese autogoberno cómprenos una importante competencia que non é outra que a potestade tributaria orixinaria, plena e exclusiva sobre todos os impostos e contribucións percibidos na Galicia e sobre todos os feitos impoñibles que se xeren no noso País. En Coalición Galega tamén queremos un réxime fiscal que se asemelle ó que teñen os Navarros e os Vascos, aínda que tentamos ir unha miguiña máis adiante. Imaxinamos que moitos Cataláns, Canarios e Valenciáns opinanarán parecido, e quizáis tamén algúns Andaluces e Extremeños. Non vaia ser que a presidenta da Comunidade de Madrid sexa agora máis nacionalista que ninguén. Os partidos gobernantes en España e en Galicia rexeitan pedir a plenitude de competencias previstas na Constitución e no Estatuto, nun grado infraconstitucional de autonomismo. O actual e o anterior presidente da Xunta teiman en reducir a Galicia a unha especie de macro-deputación que ten o seu órgano central na capital de España. En Coalición Galega comprometémonos a manter unha belixerancia permanente fronte ás políticas de Europa e do Estado español que usurpen as liberdades económicas e individuais dos galegos, especialmente no eido rural e nas vilas. Nesta lealdade á nosa sociedade e ao noso País, sen tutelas fiscáis nin de ningún tipo, ofrecémoslle ao electorado galego un gran espazo transversal que abrangue desde o liberalismo progresista ata a socialdemocracia, para centrar a política en Galicia, en España e en Europa, en busca sempre da prosperidade económica, social e cultural da nosa xente / Xose María Artiaga Díaz
Cartas al Director