El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Cartas al Director

Quintana compara as críticas do PP á galeguización no ensino co "apartheid"

Un informe do Consello Escolar alerta da desgaleguización na educación

10-04-2007

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, defendeu a necesidade de pór en marcha as galescolas que, ademais de ser un "acerto", son "unha imperiosa necesidade", dados os resultados do informe elaborado polo Consello Escolar, que alerta sobre a desgaleguización do ensino. A xuízo de Quintana, este informe "fala dun fracaso insólito na aplicación do plano de normalización lingüística", dado que recoñece que "temos un problema". Isto, asegurou, indica que de pouco serven os planos e as leis, se non existe "a vontade política de aplicalos", polo que califica esta situación como unha "herdanza" dos anteriores gobernantes galegos. O nacionalista lembrou que a pesares de que o ensino está cada vez menos galeguizado, existen algúns responsábeis políticos que "se queixan" porque se fala tanto da galeguización "que buscamos algúns". O vicepresidente comparou esta actitude coa Suráfica do Apartheid e asegurou que si o PPdeG vivira naquela época estaría ?protestando polos abusos dos negros?. Quintana confía en que o PP se desculpe agora das súas críticas das galescolas, "a non ser que tomemos a decisión de que este país pode prescindir da nosa lingua". Aos que pensen isto, engadiu, "eu anímoos a que o digan". De tódolos xeitos, Quintana aboga polas galescolas ante este informe preocupante, que non deixa de ser unha demostración do que xa se sospeitaba. De feito, asegurou que se trata dunha situación "que todos coñecemos", e aludiu como exemplo ós medios de comunicación, pois poucos empregan o galego; así como á Xustiza, onde "é difícil" acudir a un notario e facer unha escritura en galego ou ir a un xulgado e tratar en galego.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias