El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Cartas al Director

Quintana celebra o Día das Letras Galegas repartindo libros e demandando que o amor pola lingua se manteña todo o ano

Feijoo afirma que as linguas "non se impoñen polos gobernos" senón que "se queren polos pobos"

17-05-2007

En cidades diferentes, pero con similares actos, celebrou o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, o Día das Letras Galegas. Fíxoo primeiro en Ourense e logo en Vigo, na mesma mañá, para amosar o compromiso do nacionalismo coa lingua e a cultura galega. En Ourense, fixo un percorrido pola centrica rúa do Paseo acompañado polo candidato á alcaldía da cidade, Alexandre Sánchez Vidal, outros integrantes da candidatura, e outros nacionalistas ourensáns como o actual conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal. Todos camiñaban ao ritmo marcado pola charanga "Os centellas". Reparto de libros (un de María Mariño e unha revista de banda deseñada en galego -BD Banda-) e saúdos a nenos e maiores marcaron este paseo, interrumpido tamén por outro tipo de saúdos. Na cidade das Burgas, na mesma rúa e nun mesmo tramo coincidían varias carpas de diferentes formacións políticas. Pegadas á do BNG (destacada polos agasallos que "Álex" entrega aos cidadáns, como unha botella de auga coa súa foto e unha mensaxe), estaban a de Terra Galega e o Partido Popular. Quintana, e os demais, pasaron ao lado pero non se inmutaron. Cambiou a cousa ao chegar, un pouco máis adiante, á carpa que ten instalada o PSOE ourensán. O líder nacionalista non dubidou en saudar aos presentes (estaban, entre outros, Pablo López Vidal, secretario da mesa do Parlamento galego, e o candidato á alcaldía, Francisco Rodríguez), facendo un guiño cara un posible pacto entre ambas formacións para facerse co goberno de Ourense se os votos lles son favorables. Foi un traxecto de ida e volta, para ler ante os asistentes un manifesto para conmemorar o día. Tras indicar que o BNG quere que "o noso idioma goce dun futuro digno e que se garanta a transmisión interxeracional que precisamos", non dubidou en asegurar que "é imposíbel acreditar no amor pola lingua, igual que o amor polas persoas, se nun día se mostra cun cariño extremo e os 364 restantes se practica a indiferenza e o maltrato". Tras abordar a situación que atravesa actualmente o idioma, o líder nacionalista convidou á sociedade a empregar o "idioma propio" como mellor método para a "recuperación da autoestima e do orgullo nacional". Como hai que predicar co exemplo, Quintana sinalou que sería una avance importante neste asunto "que os 315 concellos de Galiza e os 3.835 concelleiros e concelleiras usasen o galego". Todo, porque o realmente importante é que "é o idioma que nos identifica como pobo" e que debe "permanecer en todos nós". Nesta mesma cidade, na que o BNG ten grandes aspiracións para acadar a alcaldía, Quintana aproveitou para falar, e ben, do candidato nacionalista a asumir o goberno local. Un "líder", como reitera Quintana de xeito constante, que é o único que pode "conseguir que Ourense sexa a Atenas de Galiza", como denominou o galeguismo histórico a esta urbe, que debe recuperar este concepto e ser a "vangarda cultural do país". Da charanga, á gaita O percorrido de Ourense a Vigo supuxo un cambio dende a charanga á gaita. Se na cidade das Burgas a charanga amenizaba o paseo, na urbe olívica foi o ritmo das gaitas o que marcou o paso polo barrio do Calvario. Neste caso, Quintana e o candidato á alcaldía nesta cidade, Santi Rodríguez, repartiron de novo libros, aínda que cun concepto diferente. Neste caso, o título era "A cidade do corazón agochado", que relata unha idea orixinal do propio aspirante nacionalista á alcaldía na que un neno percibe, á súa chegada a Vigo, un lugar hostil, aínda que cambia de idea a medida que a vai coñecendo. Trátase, en definitiva, de amosar a través dun libro (en galego, por suposto), o proxecto que promete levar a cabo o BNG se chega á alcaldía, de construir unha cidade máis amable. "A cidade do corazón agochado" é un libro que, según Santi Domínguez, "me enche de profunda satisfacción" porque está "feito dende o corazón e demostra que nós estamos facendo unha campaña para a xente", na que a única "parafernalia é a nosa palabra". Foi, en definitiva, a mañá das Letras Galegas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




NOTICIAS RELACIONADAS