SANTIAGO DE COMPOSTELA | A portavoz de Economía
do BNG, Noa Presas critica a “falta de transparencia” da Xunta e a negativa do
goberno a facilitar información sobre os proxectos e contías económicas que
optan dende Galicia aos fondos europeos, Next Generation.
A nacionalista
critica o anunciou de comparecencia do conselleiro de Economía, Francisco Conde
na comisión constituída no Parlamento galego para elaborar unha diagnose
económica de Galicia e as prioridades cara os
fondos europeos ao tempo que a Xunta nega a información ao respecto
Para a deputada,
resulta “admisible” a falta dun debate democrático e transparente sobre os
proxectos escollidos. Neste sentido, lembrou que o Parlamento galego constituíu unha comisión
de estudo que no mes de xaneiro do 2021 tiña que ter concluído o seu ditame
pero a día de hoxe, a comisión non conta con
esta información detallada.
O PP,recalcou
Presas vive instalado “na propaganda” e
no anuncio permanente. Agora, para colmo, a semana que vén comparecerá o
conselleiro Francisco Conde para darnos “unha terceira rolda de prensa”. Dende
o BNG reclamamos que sexa facilitada a
información de “maneira inmediata” e iniciar un debate democrático sobre os
proxectos Nex Generation, porque
representan “unha oportunidade” para o desenvolvemento
económico e social de Galiza.
O PP quere beneficiar con fondos europeos a catro
empresas amigas
Nos podemos
permitir que o Partido popular destine fondos europeos a “catro empresas escollidas a
dedo”, porque en Galiza, insistiu a
deputada, hai autónomos e autónomas e pequenas
e medianas empresas atravesando unha importante crise económica.
A Xunta continúa co autobombo e propaganda
A parlamentaria reitera que o Conselleiro de Economía comparecerá na
comisión por terceira vez despois de abrir as comparecencias no mes novembro de 2020, comparecer a finais de
decembro e agora para explicar as liñas xenéricas de “proxectos e cifras
millonarias e incoherentes”. Unha vez máis, estamos ante “o autobombo do
Partido popular e da Xunta”, remarca Noa Presas.
Por outra parte, a única
documentación remitida ao Parlamento é “un dossier ridículo” de 12 páxinas titulares de prensa, no que nin sequera suma os montantes da cantidade reflectida no índice e no que, por
poñer un exemplo, pretende venderse como proxecto europeo facer “máis albergues
en Santiago.
O BNG
rexistrou ata 13 solicitudes de información pola vía do Artigo 9 diante dos
recorrentes anuncios de Feixóo e seguimos agardando por unha resposta, levamos
4 iniciativas a debate a pleno reclamando criterios xustos, xestión
territorializada, dialogo social e obxectivos a acadar que foron rexeitadas polo PP.
Resulta “inaudito”
que teñamos información dos proxectos de
Navarra e non a” folla de ruta de Galiza”, conclúe a nacionalista. Departamento de comunicación