El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

SANTIAGO | ATENEO

A traxectoria vital e literaria de Xela Arias, nos "Luns do Ateneo"

22-05-2021 18:21:07

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Este luns, ás 20.00 horas, o Ateneo de Santiago ofrece unha conferencia titulada «Unha sorte de anarquía. A traxectoria vital e literaria de Xela Arias», que estará impartida por María Xesús Nogueira, profesora da USC e editora de Xela Arias.  

Xela Arias, escritora, poeta e tradutora galega, foi a homenaxeada deste Día das Letras Galegas 2021. Nada en Sarria, Xela Arias pasou a maior parte da súa vida en Vigo, onde chegou a ser un referente do mundo editorial e da poesía de muller. Licenciada en Filoloxía Hispánica, en 1980 fundou a editorial Xerais, onde traballou como correctora e asesora lingüística durante dez anos. No eido literario, deuse a coñecer en 1986 con Denuncia do equilibrio, finalista do Premio Losada Diéguez. Tamén foi finalista do Premio Esquío con Lili sen pistolas  e posteriormente publicou Tigres coma cabalos (1990), Darío a diario (1996) e Intempériome (2003), entre outras. De maneira póstuma e coa edición, introdución e notas de María Xesús Nogueira, foi publicada a súa Poesía reunida (2018).  

María Xesús Nogueira é Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e Presidenta da Asociación Galega da Crítica dende a súa creación en 2015. As súas principais liñas de investigación son a narrativa de Álvaro Cunqueiro e a poesía galega contemporánea. Foi membro dos consellos editores da revista Dorna e da colección de poesía Letras de Cal e actualmente éo do Boletín Galego de Literatura. Colabora no portal de internet culturagalega.org e é autora de artigos en volumes colectivos e revistas, onde tamén publica con regularidade crítica literaria. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias